Concentración da comunidade universitaria diante do Parlamento
25/2/2013 Ás 10 da mañá concentráronse diante do Parlamento e ás 11 comezou un peche de 24 h na Facultade de Filosofía ao que chaman a sumarse a toda a comunidade universitaria
Contra as 10:00 da mañá persoal da USC iniciaba unha concentración simbólica diante do Parlamento de Galiza coincidindo co comezo do pleno no que se debaten os orzamentos da Xunta. Ao seu remate, contra as 11:00 horas, estudantes, PAS e PDI comezaban un peche de 24 horas que rematará cunha asemblea de traballadoras/es mañá martes, ás 11:00 horas tras da que sairán en manifestación, ás 13:00 horas desde o Toural até o Parlamento, onde se sumarán á concentración convocada pola Plataforma Galega en defensa dos Servizos Públicos.
Mobilizacións na Universidade febreiro de 2013
 
25/2/2013 A Lei de Orzamentos suporá rebaixar un 6,5% os recursos respecto a 2012
A CIG fai un chamamento a toda a comunidade universitaria das tres universidades galegas a se unir ás mobilizacións convocadas para os días 25 e 26 de febreiro contra os recortes orzamentarios promovidos polo PP. Se o vindeiro martes 26 se aprobar a Lei de Orzamentos suporía rebaixar un 6,5% os recursos respecto a 2012 e un retroceso a niveis de financiamento de 2005.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Mobilizacións na Universidade febreiro de 2013
21/2/2013 Convocan unha campaña de mobilizacións até o día 26 de febreiro, data na que está prevista a votación en pleno da Lei de Orzamentos da Xunta de Galiza para 2013
As organizacións sindicais e estudantís das tres universidades galegas compareceron esta mañá en rolda de prensa para manifestar o rexeitamento unánime aos recortes orzamentarios previstos nos Presupostos da Xunta de Galiza para 2013. Recortes que, alertaron, poñen en perigo a universidade pública e o desenvolvemento futuro de Galiza. Ante isto, acordaron un calendario de mobilizacións que contempla entrevistas cos grupos parlamentarios, concentracións, aulas na rúa, pitadas e mesas redondas, entre outras.
Encontro co BNG febreiro de 2013
21/2/2013 A CIG-Ensino rexeita o texto presentado polo PP
A CIG-Ensino vén de trasladarlle BNG -nunha xuntanza convocada polo seu grupo parlamentario- a nosa oposición ao proxecto de lei do Sistema Universitario Galego presentado polo Goberno galego. En opinión da CIG-Ensino o proxecto de lei non cumpre o obxectivo de pular polo ensino público universitario, de achegar o financiamento suficiente, de facilitar a galeguización e non atende as necesidades de profesorado nin responde ás necesidades das diferentes áreas de coñecemento e investigación.
Rajoy con tesoiras.
20/7/2012 Agora anulando a paga extra de Nadal e eliminando os dereitos económicos durante as baixas
As medidas impostas polo goberno do PP contra dos empregados públicos, incluídos os docentes, e a clase traballadora en xeral e a cidadanía no seu conxunto supoñen un grave retroceso nas condicións laborais, sociais e da calidade de vida das persoas. A CIG-Ensino considera que as medidas promulgadas mediante o RDL 20/2012, favorecen a destrución de emprego e dos servizos públicos e están feitas exclusivamente para rescatar a banca, causante desta crise.
 
25/4/2012 Medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo
A CIG considera que dito Real Decreto vai provocar miles de despidos de docentes, a exclusión do ensino superior dos estudantes de rendas máis baixas, desviar estudantes á privada, unha redución drástica da actividade investigadora e un aumento brutal da carga docente. De paso, arrasa as competencias autonómicas e a autonomía universitaria.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
 
13/2/2012 Proposta de CIG-Ensino

Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
laboratorio
30/11/2011 É inadmisible que se modifiquen os compromisos e as regras coas que se contratou a este persoal logo de que a USC se teña beneficiado do seu traballo
A CIG quere mostrar o seu rexeitamento porque a USC siga sen contar cunha política de planificación do persoal que dea estabilidade ao seu persoal, cumpra coas expectativas e compromisos adquiridos, equilibre o cadro de persoal e favoreza a renovación do cadro de persoal.
Investigadora
 
23/6/2011 Importante recorte das convocatorias de apoio á investigación
A CIG Ensino, ante o recente anuncio por parte da Secretaría Xeral de Universidades da Xunta de Galicia no que se prevé un importante recorte das convocatorias de apoio á investigación, manifesta o seu total rexeitamento e indignación por unhas medidas que suporán un grave retroceso, non só no fortalecemento, senón tamén no propio mantemento do sistema galego de ciencia, tecnoloxía e innovación.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Votación
13/5/2011 Eleccións sindicais na Universidade de Vigo
A CIG-Ensino logra 6 de delegados/as na Xunta de Persoal do PDI funcionarios/as; 8 delegados/as, dun total de 17, no Comité do PDI laboral de Pontevedra e 4 delegados/as, dun total de 9, no Comité do PDI laboral de Ourense.
dog
 
15/4/2011 DOG 14-04-11
A CIG informa ao conxunto do PDI que no Diario Oficial de Galiza de hoxe, xoves 14 de abril, sae publicado o II Convenio Colectivo para o persoal docente e investigador laboral das universidades galegas
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Cartaz eleccións universidade 2011
25/3/2011 24 de marzo de 2011: eleccións sindicais no ensino universitario
Incrementa a súa representación tanto no PDI (persoal docente investigador) funcionario como no PDI laboral
Presentación da candidatura da CIG as eleccións sindicais na Universidade
18/3/2011 A CIG-Ensino presenta a súa campaña, candidaturas e programa
O 18 de marzo, o Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, presentou en rolda de prensa os candidatos/as da CIG. Á parte de Anxo Louzao, asistiron os cabeza de lista das diferentes candidaturas: Alba Nogueira, cabeza de lista do Persoal Docente Investigador Funcionario (PDI Funcionario) da USC, Óscar Rodil, cabeza de lista do Persoal Docente Investigador Laboral (PDI Laboral) da USC, campus de Santiago; Duarte Santamarina, cabeza de lista do Persoal Docente Investigador Laboral (PDI Laboral) da USC, campus de Lugo; Carme F.P. Sanjulián, cabeza de lista do Persoal Docente Investigador Funcionario (PDI Funcionario) da UDC e Xulio Ferreiro, Cabeza de lista do Persoal Docente Investigador Laboral (PDI Laboral) da UDC.
Cartaz eleccións universidade 2011
14/3/2011 Vota CIG-Ensino: Compromiso na defensa da universidade pública galega
publicacions
 
8/2/2011 Todos e todas na UNIVERSIDADE tamén á folga o día 27 de xaneiro
Porque os empregados e empregadas públicos/as xa sufrimos unha rebaixa nos nosos salarios para contribuír a solucionar os problemas dos que xeraron a crise. Porque o sistema público de pensións non está en perigo.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
diñeiro
 
5/9/2010 Universidade
Nestes últimos meses estase a negociar o Plano de financiamento do sistema universitario de Galiza para o período 2011-2015. A CIGEnsino está a participar –limitadamente– destas negociacións como parte da Mesa Galega de Universidades, onde a proposta da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galiza foi trasladada ás centrais sindicais e ás Universidades, aínda que estas tiñan xa coñecemento da mesma a través doutros foros de negociación. Malia a proposta ter mudado durante os períodos de negociación, o certo é que posúe unha serie de constantes que poden permitir facer unha valoración da mesma.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
publicacions
 
1/6/2010 Na Universidade tamén!!!
Cómpre lembrar que a situación actual de crise económica é produto da desregulación dos mercados que facilitou os movementos especulativos, respondendo así a unha concepción neoliberal da economía que sostén a necesidade de privatizar os servizos e desmantelar o sector público. Diante disto, en lugar de corrixir esta política que nos levou ao desastre económico, o goberno español está a tomar medidas que afondan nos mesmos erros, incidindo no deterioro da administración.ministración coa conxelación das ofertas de emprego público, externalización de servizos e, finalmente, coa pretensión da redución dos salarios dos empregados e empregadas públicos/as.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
universidade
 
30/3/2010 Privatización do ensino universitario
A CIG considera que o anteproxecto da Lei da ciencia, a tecnoloxía e a innovación, presentado polo goberno central non vai contribuír a mellorar o sistema de ciencia e innovación, é regresiva en cuestións laborais e non fai unha aposta por un sistema de ciencia aberta profundando as vías de condicionamento privado do coñecemento científi co. Este anteproxecto aproveita, ademais, para modifi car aspectos centrais da Lei Orgánica de Universidades (LOU), pola porta de atrás, ás costas da comunidade universitaria
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
diñeiro
 
8/1/2009 Pagas extra universidade
A Dirección Xeral de Universidades négase a negociar coas centrais sindicais os efectos laborais da implantación do espazo europeo de educación superior.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
universidade
6/11/2007 Universidade
O Ministerio de Educación e Ciencia (MEC) vén de publicar no BOE do 30 de outubro o Real Decreto polo que se estabelece a nova ordenación das ensinanzas universitarias oficiais para así adaptarse ao Espazo Europeo de Educación superior antes do 2010.
universidade
28/7/2007 Universidade
Celebrouse unha reunión da Mesa de Universidades de Galicia na que, entre outros puntos, abordáronse os novos contratos para investigadores da Dirección Xeral de I+D+I; as conversións dos profesores colaboradores; os complementos autonómicos e a ampliación dos sexenios ao profesorado contratado estable.
universidade
 
19/3/2007 Eleccións na Universidade Galega
Programa das eleccións sindicais na Universidade Galega
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
universidade
28/2/2007 Mesa de Universidades
26 de febreiro de 2007 reuniuse a Mesa Sectorial de Universidades -órgano de negociación entre a Administración, as Universidades e as organizacións sindicais-. Nesta reunión fíxose unha primeira aproximación ao traballo que se quere levar adiante nos vindeiros meses no seo da Mesa Sectorial. Se ben a Dirección Xeral de Ordenación
ciuga
 
28/2/2007 Probas de Acceso
Como sabes a CIG-Ensino presentou unha serie de demandas sobre as probas de acceso de linguas estranxeiras e especificamente no caso de Inglés, atendendo as suxestións que a afiliación desta materia nos fixo chegar. Reproducimos a última resposta que nos enviou a CIUG atendendo ás reclamacións relativas fundamentalmente ao pouco tempo para a proba escrita, tendo en conta que non se reducira o nivel de dificultade.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
universidade
5/2/2007 Universidade
O día 2 de febreiro, a CIG asinou o acordo polo que se constitúe a Mesa de Universidades. Esta foi unha reivindicación permanente de CIG-Ensino que o anterior goberno se mostrou reticente a satisfacer. A representación sindical está composta por 15 membros coa seguinte distribución: CIG 7, CCOO 4, UGT 3, e CSIF 1.
publicacions
19/2/2006 Convenio PDI laborais
O 21 de febreiro a CIG-Ensino, xunto con outras organizacións sindicais e as Universidades Galegas chegou a un acordo sobre o convenio do profesorado docente investigador contratado.
rolda de prensa
24/5/2005 Filoloxía Galega
A CIG-Ensino dirixiuse á Ministra de Educación e ao Conselleiro de Educación para reclamar que o título de Filoloxía Galega forme parte do catálogo de futuras titulacións, ao mesmo tempo que vai exixir dese último que asuma a súa responsabilidade como tal e reclame o estatus que lle corresponde para o noso idioma.