21/11/2012
Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres
Os contos tradicionais están cheos de monstros que asustan as mulleres e as crianzas que neles aparecen. Mais a realidade amosa día a día que eses seres violentos se agochan na vida real baixo unha faciana que nos é ben coñecida: a do patrón explotador, a do xefe acosador, a do agresor, a do calumniador, o chantaxista, a daqueles que nos castigan por sermos nais traballadoras, a dos que pretenden illar as mulleres, decidir por nós no control dos nosos corpos, lexislar para criminalizarnos, xogando coa nosa saúde e benestar, a de todos eses personaxes que, amparándose no machismo, perpetúan a violencia contra as mulleres, tamén no ensino. No interior da nova podes atopar materiais para traballar na aula.