22/4/2010
Polo dereito indefinido á xubilación anticipada
Delegados da CIG-Ensino concentráronse hoxe, xunto con delegados das outras organizacións sindicais, en Madrid, diante do Ministerio de Educación, logo de entregar máis de 300.000 sinaturas, esixindo a continuidade do dereito a poderse xubilar voluntariamente de xeito anticipado aos 60 anos. Posteriormente o Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, conxuntamente cos representantes doutras organizacións sindicais foron recibidos polo Director Xeral de FP, Miguel Soler Gracia. Desde a CIG-Ensino trasladámoslle o sentir do profesorado galego que se concreta na esixencia de consolidar definitivamente o dereito de podérmonos xubilar anticipadamente, do que vimos gozando desde o ano 1992. A CIG-Ensino valora insatisfactoriamente o resultado da reunión, dado que o representante do ministerio só se comprometeu a facer “algunha referencia” a esta demanda no Pacto pola Educación, que se presentará mañá 22 de abril, pero sen concretar como se ía recoller. Con todo, as negociacións a este respecto seguen abertas.