Mentres os nosos salarios se ven incrementados soamente nun 2% para o ano 2008, a infación do ano 2007 supera o 4,3%. É dicir, os nosos salarios desvalorizáronse nin máis nin menos nun 2,3% nun ano. Esta situación ten as súas orixes nos acordos asinados reiteradamente polo goberno central con CCOO, UGT e CSIF, nos que se fixa un incremento para todos os empregados e empregadas públicas nun 2%, segundo o IPC previsto, cando ano tras ano o IPC real é sempre superior ao previsto.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador