28/4/2010
BAIXAS SEN CUBRIR
A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría de Educación segue coa súa política de ataque ao ensino público, empeorando a calidade do servizo, ao non cubrir as baixas do corpo de mestres coa inmediatez necesaria.A Día de hoxe, están sen cubrir 44 prazas. Destas 35 son baixas por enfermidade, e 5 permisos por matrimonio. No caso dos permisos todos eles son comunicados cun mes de antelación, polo que a Consellaría pode facer a previsión das prazas que terá que cubrir. Destes cinco casos, un iniciouse o día 22, outro o 23, outro o 26 e outro onte día 27, ou sexa unha media de tres días de non cobertura do permiso. Sabemos que a un dos centros que preguntou porque non se estaba a cubrir este permiso, cando en anos anteriores se cubría o mesmo día en que se iniciaba, respondéronlle que extraviaran o escrito. Desde a CIG preguntámonos se a táctica é nos catro casos extraviar o escrito para que cando o atopen falten menos de dez días e non se cubra o permiso. Ademais estes catro casos son un de inglés (o do 22), outro de Pedagoxía terapétutica (o do día 27) e dous de Educación Primaria (os dos días 23 e 26).