21/7/2011
Nalgúns tribunais estanse dando notas moi baixas por usar a lingua galega na defensa da programación, cando na especialidade de Primaria se pode defender en calquera das dúas linguas
A CIG-Ensino comproba, un ano máis, que a Consellaría non está a realizar o labor que lle corresponde de supervisión do funcionamento dos tribunais. Como é sabido a presidencia dos tribunais de oposición é nomeada pola Consellaría directamente, cuestión á que a CIG-Ensino se opón reiteradamente, reclamando que sexan por sorteo, ao igual que as comisións de selección. Por este motivo a CIG entende que a Consellaría é a responsábel do funcionamento deficiente que se dá nalgúns tribunais, xa que é ela quen decide que persoas os presiden e formas as comisións, polo que lle esiximos que asuma a súa responsabilidade e vele polo cumprimento da normativa que regula os procedementos selectivos.