logo mesa sectorial
10/3/2011 Oferta de emprego público 2011, orde selección de directores, orde de axuda a gastos de accidentes de tráfico...
Consulta aquí todos os detalles da reunión
logo mesa sectorial
4/3/2011 Convocatoria de oposicións 2011
O xoves 10 de marzo convócase mesa sectorial docente non universitaria para tratar, entre outros puntos, a oferta de emprego público 2011.
A CIG ante o MEC
24/2/2011 Reunión no Ministerio de Educación
Na orde do día tratouse o borrador da Orde pola que se estabelece a formación equivalente á formación pedagóxica e didáctica exixida no artigo 100 da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, para aquelas persoas que tendo a titulación requirida para o exercicio da docencia non poden realizar os estudos de Mestrado.
mec
10/2/2011 Mesa docente MEC 03-02-11
O venres día tres pechouse a negociación entre o Ministerio de Educación e as organizacións sindicais, sendo intención do Ministerio publicalo antes de que remate o verán. O novo RD recolle vaias cuestións importantes reclamadas pola CIG-ENSINO reiteradamente desde o inicio da negociación en setembro do pasado ano
logo mesa sectorial
4/2/2011 Outro ataque á lingua
A CIG-Ensino denunciou que esta orde vén desenvolver o Decreto de Plurilingüismo e que, polo tanto, conta co noso rexeitamento, pois con ela se pretende perpetrar a redución da presenza do noso idioma nas aulas, no mellor dos casos, a un terzo do horario lectivo.
FP Ocupacional
4/2/2011 Mesa sectorial 3 de febreiro 2011
Na Mesa Sectorial de 3 de febreiro de 2011 tratouse, entre outros temas, as borradores dos títulos dos seguintes ciclos: CM Técnico en xardinaría e floraría, CS Técnico superior en desenvolvemento de aplicacións multiplataforma, CS Técnico superior en desenvolvemento de aplicacións web, CM Técnico en electromecánica de vehículos automóbiles, CS Técnico superior en dirección de cociña, CS Técnico superior en dirección de servizos en restauración. Consulta aquí a información da reunión.
logo mesa sectorial
4/2/2011 Calendario de temas a negociar, baixas sen cubrir, concurso de orientación e outros
Consulta desde aquí toda a información
logo mesa sectorial
15/12/2010 Tratarase a orde de avaliación de directores
Podes consultar aquí o borrador
logo mesa sectorial
6/11/2010 Concurso de Traslados, concurso de orientación e concurso de méritos para EOE. Varios.
Na Mesa Sectorial do 9 e 10 de novembro de 2010 tratáronse os seguintes temas: Concurso Xeral de Traslados, Concurso de méritos para cubrir postos nos equipos de orientación específicos e os Varios.
logo mesa sectorial
5/11/2010 Mesa Sectorial de Educación
O día 4 celebrouse mesa sectorial na que se trataron, entre outros temas, a modificación da addenda do acordo de interinos, a RPT de Relixión, así como o seu concurso de traslados, o Concurso específico de Adultos e a Formación Profesional a distancia. Quedou adiado o apartado de varios para a mesa sectorial do día 9 de novembro.
logo mesa sectorial
28/10/2010 Convocatorias de Mesas Sectoriais 4 e 9 de novembro
Probablemente o Decreto de Concurso de Traslados irá mañá 29 ao Consello de Ministros para publicala o día 2. Se ben isto non é seguro. O que si está convocada é a Mesa Sectorial na Galiza o día 9 de novembro para tratar as Ordes de Concurso de Traslados. A partir de aquí fixarase a data para poder concursar.
mesa sectorial
 
13/7/2010 Mesa ensino non universitario
Na mesa de ensino non universitario do MEC, do 16 de xullo, proxecto de REAL DECRETO polo que se establecen as especialidades docentes do corpo de mestres que desempeñará as súas funcións nas etapas de Educación infantil e de Educación primaria establecidas na Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Publicacións
30/6/2010 Mesa sectorial 30-06-10
No momento de se iniciar a Mesa a CIG-Ensino pide a palabra para reclamar unha resposta ao escrito presentado unitariamente por todas as organizacións en que se criticaba o funcionamento da Mesa sectorial nos últimos meses e se solicitaba un adiamento da mesa para o mes de setembro. O Director Xeral de Educación, Mira Lema, di que non ten coñecemento do escrito. Respóndeselle que se lle presentou por rexistro o día 25 e que mesmo se lle levou ao despacho. Comprobamos con estupor que primeiro di que non o coñece e logo admite que sabe de que trata, para logo volver negar o seu coñecemento. A CIG-Ensino infórmao do contido do escrito e dos motivos de pedir o adiamento, fundamentalmente que neste momento non é posíbel garantir a participación do profesorado nun tema de tanta relevancia cono é a súa formación. Insistimos en que como organización sindical representativa queremos ter en conta a opinión do profesorado, darlle participación e para iso este non é o momento. Ademais este Decreto ten que pasar polo Consello Escolar de Galicia, que non se reúne en xullo, polo que estamos diante dun borrador que non será tramitado até o vindeiro curso e que, por tanto, non se vai aplicar no curso que vén.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
mesa sectorial
25/6/2010 Mesa Sectorial
A CIG Ensino e as outras organizacións sindicais que representamos ao profesorado do ensino público de Galicia, queremos deixar constancia do noso descontento e desacordo co funcionamento da Mesa Sectorial.
mesa sectorial
 
18/6/2010 Mesa Sectorial 18 de xuño
En conclusión a CIG-Ensino esixiu a retirada desta orde porque non garante un mellor aprendizaxe das linguas estranxeiras e por que considera que nin se axusta á legalidade nin é beneficiosa para o ensino. Trátase dunha ferramenta destinada a crear centros de diferentes categorías e vai ser usada contra o noso idioma. Como a Consellaría non retirou esta orde, a CIG-Ensino estudará o emprendemento de accións legais.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
ga lego!
16/6/2010 Implantación do terzo en Ingés
Educación acaba de convocar a Mesa Sectorial para este venres 18 co fin de tratar a orde coa que perpetrarán o seu verdadeiro obxectivo do Decreto 79/2010, reducir o máximo posíbel a presenza do noso idioma: orde de centros plurilingües.
mesa sectorial
15/6/2010 Mesa Sectorial do 18 de xuño de 2010
Mesa Sectorial do 18 de xuño de 2010 que tratará a orde pola que se regulan os centros plurilingües na Comunidade Autónoma de Galicia
mesa sectorial
10/6/2010 Mesa sectorial do 3 de xuño
Propostas da CIG-ensino sobre os currículos dos ciclos: CM instalacións de telecomunicacións, CM en producións agropecuaria, CM en produción agroecolóxica, CM en xestión administrativa, CS adm. sistemas informáticos en rede, CS axencias viaxes e xestión eventos, CS deseño en fabricación mecánica, CS en guía, información e asistencia turísticos
mesa sectorial
 
3/6/2010 Mesa Artes e Deseño
Información da mesa sectorial do 2-6-10 sobre o Regulamento Orgánico das Escolas de Artes e Superiores de Deseño.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
mesa sectorial
 
2/6/2010 Mesa Sectorial do 2 de xuño sobre o ROC dos CIFP
Alegacións da CIG-Ensino ao proxecto de decreto do regulamento orgánico dos Centros Integrados de Formación Profesional
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
mesa sectorial
28/5/2010 Mesa Sectorial do 28 de maio de 2010
O Secretario Nacional da CIG-Ensino denunciou hoxe na Mesa Sectorial que a Consellaría de Educación presentou no último momento, con menos de 12 horas de antelación á Mesa sectorial, unha proposta de prazas para asesores, que na súa maioría é absolutamente inasumíbel e enchufista, pois é evidente que xa teñen pensadas as persoas que van ser seleccionadas. Na mesa sectorial de hoxe tratouse tamén o calendario escolar para o vindeiro curso A CIG-Ensino tamén esixiu que a Xunta recorra o Decreto que rebaixa os salarios das traballadoras e os traballadores do sector público.
mesa sectorial
28/5/2010 Mesa sectorial 28-5-10
Esta mesa é a continuación da que se celebrou o mércores 26-5-10. Quedaban perndentes desa mesa: Orde Asesores Consellaría. Calendario Escolar. Rogos e preguntas. A orde de asesores íase tratar o día 26 pero quedou sobre a mesa despois da negativa da CIG-Ensino a que fose tratada sen darnos coñecemento de cales eran as prazas que se estaban a convocar e que perfís tiñan.
mesa sectorial
 
27/5/2010 Mesa Sectorial 26-5-10
1.Modificación das ordes de elección de horarios nos centros de educación infantil, primaria e secundaria (IES e CPIs) 2.Normas de adxudicación de destino provisional para o curso 2010/2011 corpo de catedráticos e de ensino secundario e demais …… 3.Normas de adxudicación de destino provisional para o curso 2010/2011, corpo de mestres 4.Convocatoria de prazas de asesores na Consellería (próxima mesa) 5.Calendario escolar 2009-2010 (próxima mesa)
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
mesa sectorial
26/5/2010 Mesa sectorial 26-5-10
Na mesa sectorial de hoxe día 26, tratáronse as ordes de adxudicación de destino provisional para o curso que vén e a modificación da elección de cursos e materias
mesa sectorial
24/5/2010 Mesa sectorial 2 e 3 de xuño
Orde do día: ROC de escolas de arte e superiores de deseño, ROC de CIFP e borradores de novos ciclos de FP (CM en instalacións de telecomunicacións, CM en produción agropecuaria, CM en produción agroecolóxica, CM en xestión administrativa, CS en administración de sistemas informáticos en rede, CS en axencias de viaxes e xestión de eventos, CS en deseño en fabricación mecánica, CS en guía, información e asistencia turísticos)
mesa sectorial
21/5/2010 Mesa sectorial 26-5-10
Na mesa sectorial do mércores 26-5-10 trataranse os seguintes temas: Modificación da orde do 1 de agosto de 1997 que desenvolve o ROC dos IES, Convocatorias destinos provisionais para o curso 10-11 de Mestres e corpos de Secundaria, Convocatoria de prazas de Asesores na Consellaría e Calendario Escolar para o curso 10-11.
mesa sectorial
6/5/2010 MESA SECTORIAL 06-05-10
Orde do día: desenvolvemento Proxecto Abalar, prazas sometidas a convenio, escolarización alumnado atención preferente, praza de profesor/a de lingua e lit. galegas Colexio Vicente Cañada Blanch (Londres). Podes consultar aquí os documentos relacionados.
mesa sectorial
14/4/2010 Mesa sectorial 13-04-10
Na Mesa Sectorial de hoxe, 13 de abril, tratábase, en primeiro lugar, a modificación do Acordo de 95 sobre cobertura de interinidades e substitucións para recoller as modificacións lexislativas que teñen que ver coa obrigatoriedade de contar co máster e dar cumprimento a varias sentenzas que determinan que se pode estar nas listaxes de dúas especialidades. A CIG-Ensino reclamou que se se procedía á modificación do Acordo do 95, entón debería negociarse o tema fundamental e de maior preocupación neste momento: a estabilidade do profesorado. A CIG entende que se trata dun tema prioritario, dado que neste momento hai moito profesorado con moitos anos de servizo como interino que está a realizar substitucións, profesorado con máis de 20 anos de servizo que ve perigar o seu posto de traballo ou profesorado que non ten a titulación requirida neste momento por mor dos cambios lexislativos destes anos. Fronte á demanda da CIG e da maioría das organizacións sindicais na Mesa a Consellaría negouse a iniciar as negociacións sobre a estabilidade.
mesa sectorial
7/4/2010 MESA SECTORIAL 06-04-10
Outros temas tratados: Pacto pola educación, calendario de temas a negociar, centros de adultos e non cobertura de substitucións.