Mesa sectorial 1
13/6/2013 Tamén fixa os criterios de adscrición no IES O Milladoiro
A Consellaría de Educación convocou Mesa Sectorial Docente Non Universitaria para este xoves 13 de xuño ás 12 horas para tratar a Orde pola que se desenvolve o Decreto 49/2013, do 21 de marzo, polo que se crean e se transforman institutos de educación secundaria. Esta orde afecta ao profesorado do IES As Mercedes de Lugo e o IES A Carballeira de Ourense, que son convertidos en centros integrados de FP. Tamén regula o proceso para acceder ás prazas do IES do Milladoiro. Asemade falouse da Lei de emprego público, concretamente anunciouse unha futura mesa sobre esta lei, mellor dito, sobre os punto desta lei que afectan ao profesorado
logo mesa sectorial
10/6/2013 Tamén fixa os criterios de adscrición no IES O Milladoiro
A Consellaría de Educación convocou Mesa Sectorial Docente Non Universitaria para este xoves 13 de xuño ás 12 horas para tratar a Orde pola que se desenvolve o Decreto 49/2013, do 21 de marzo, polo que se crean e se transforman institutos de educación secundaria. Esta orde afecta ao profesorado do IES As Mercedes de Lugo e o IES A Carballeira de Ourense, que son convertidos en centros integrados de FP. Tamén regula o proceso para acceder ás prazas do IES do Milladoiro. Consulta no interior o borrador.
logo mesa sectorial
24/5/2013 Tratouse o calendario escolar, as ordes de de adxudicación de destinos provisionais, a orde de licenzas de formación e a orde do concurso para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos
No interior desta nova podes consultar toda a información relativa á Mesa Sectorial do 23 de maio na que se tratou a convocatoria para a adxudicación de destino provisional para o vindeiro curso, a orde do concurso para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos, o calendario escolar para o curso 2013/2014 e a orde de licenzas por formación para o curso 2013/2014.
Rosalía de Castro
23/5/2013 Mesa sectorial do 23 de maio de 2013
Este xoves 23 de maio celebrouse mesa sectorial para tratar, entre outras cuestións, o calendario escolar para o curso 2013-2014. A CIG-Ensino defendeu, entre outras propostas, manter como día non lectivo o mércores de cinza e que se recollese o Día de Rosalía, 24 de febreiro, e da Clase Traballadora Galega, 10 de marzo. A Consellaría recolleu a proposta do mércores de cinza, mais negouse taxativamente a que no apartado das conmemoracións apareza como data a conmemorar o Día de Rosalía, como si aparecen o Día de Europa, ou o día dos Dereitos do consumidor. No interior da nova podes consultar o CALENDARIO ESCOLAR 2013-2014.
logo mesa sectorial
15/5/2013 Trataranse a orde de adxudicación de destinos provisionais, de licenzas de formación, convocatoria de prazas sometidas a convenio e o calendario escolar
A Consellaría de Educación vén de convocarnos a unha reunión da Mesa Sectorial Docente non Universitaria para o próximo 23 de maio ás 11.00 horas. A orde do día inclúe a convocatoria para a adxudicación de destino provisional para o vindeiro curso, a orde do concurso para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos, o calendario escolar para o curso 2013/2014 e a orde de licenzas por formación para o curso 2013/2014. No interior da nova podes consultar a documentación que nos remitiu a Consellaría
logo mesa sectorial
22/3/2013 A Consellaría dixo que terá en conta a proposta da CIG-Ensino de publicar a orde no DOG despois do 2 de abril
No interior desta nova podes consultar toda a información relativa á Mesa Sectorial do 21 de marzo na que se tratou a orde que vai regular a convocatoria de oposicións do 2013. O prazo de prestación de solicitudes será de 20 naturais contados a partir do seguinte ao de publicación da convocatoria no DOG. A CIG propuxo que no se publique antes do 3 de abril, e a nosa proposta foi tida en conta, polo tanto non se publicará a convocatoria até despois de semana santa. A Consellaría non dixo que día se publicará no DOG. Nesta convocatoria as prazas serán repartidas por tribunal.
 
18/3/2013 Vai ser este xoves 21 de marzo e debaterase tamén a orde de reintegros por asistencia a actividades de formación e a orde de formación
A Consellaría de Educación vén de convocarnos á unha reunión da Mesa Sectorial Docente non Universitaria para este xoves 21 de marzo na que se tratará a orde pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de educación e de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de mestres. No interior da nova podes consultar a orde do día e a documentación dos temas incluídos.
logo mesa sectorial
1/3/2013 Tratouse a orde de formación, a orde de elección de direccións, a addenda de interinos e a de prazas do PIALE entre outros asuntos
No interior da nova podes consultar o desenvolvemento da xuntanza e a posición que a CIG-Ensino mantivo nos diferentes asuntos tratados.
Mesa sectorial 1
 
28/2/2013 CIG-Informa. Varios. Mesa Sectorial 28/febreiro/2013
Devolución retención clases pasivas, vacantes C.X.T., IES Milladoiro, Consellos Sociais C.I.F.P., F.P. Dual, oposicións, etc.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Formación do profesorado
28/2/2013 A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría persiste no abandono da formación en portugués e reduce as prazas para formación en linguas estranxeiras.
Na Mesa Sectorial de hoxe día 28 de febreiro tratouse a proposta de Orde para regular as actividades de formación do profesorado. A Administración presentou unha proposta claramente antidemocrática que eliminaba a comisión de homologación de actividades onde están presentes as organizacións sindicais en representación do profesorado, e onde temos o cometido de revisar e comprobar que actividades de formación se convocan e realizan e se esas actividades poden e deben ser homologadas. Ante esta proposta a CIG-Ensino esixiu que se retirase a orde e que se trouxese novamente á Mesa modificada recollendo que as organizacións sindicais terán coñecemento dos convenios que se asinan e do seu desenvolvemento, comprobando que se cumpren os acordos asinados e que, por tanto, a avaliación pode ser positiva.
logo mesa sectorial
24/1/2013 Nesta mesa tamén se trataron varios currículos de FP
No interior da nova podes consultar o desenvolvemento da xuntanza.
Mesa sectorial 1
21/1/2013 Será o xoves 24 de xaneiro ás 12:30 e inclúe o debate de 13 novos currículos de FP
No interior da nova podes consultar a orde do día da xuntanza.
Mesa sectorial 2
25/10/2012 A CIG-Ensino denuncia que co actual concurso xeral de traslados pode haber profesorado nos centros que non coñeza o noso idioma
No interior desta nova podes ver o borrador da orde do CXT así como todo o referente á citada mesa sectorial. Incluíndo
Mesa sectorial 3
22/10/2012 Será o xoves 25 ás 11:30 horas
No interior desta nova podes ver o borrador da orde do CXT así como todo o referente á citada mesa sectorial
Calendario
6/6/2012 A administración comprometeuse a estudar as proposta da CIG-Ensino de incorporar o 24 de febreiro día de Rosalía e o 25 de novembro día en contra da violencia de xénero na Mesa Sectorial da que forman parte tamén CCOO, UGT e ANPE
Hoxe celebrouse mesa sectorial para negociar o calendario escolar para o curso 2012-1013. A CIG-Ensino conseguiu que a Administración aceptase dúas propostas importantes. Unha delas que o día 13 de febreiro, mércores de cinza, volva ser día non lectivo, reivindicación realizada e acadada xa o curso pasado. Por outro lado a CIG-Ensino propuxo que o curso escolar comece o 17 de setembro en Secundaria. A proposta da Consellaría era que o curso comezase o 14, sen ter en conta que os prazos establecidos para a realización das probas de setembro, as avaliacións das mesmas, a matrícula do alumnado e a posta en marcha do curso era insuficiente. De feito varios centros escolares sinalaran esta circunstancia. A proposta da CIG-Ensino a Consellaría aceptou que o curso comece o 17 de setembro.
 
31/5/2012 Na mesa sectorial tratáronse as ordes polas que se seleccionan as direccións dos centros de formación e recursos (CFR) e de asesores do Servizo de Formación do Profesorado, do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) e dos centros de formación e recursos e as prazas de persoal asesor na Consellaría
Na Mesa Sectorial celebrada o 31 de maio, a CIG-Ensino mostrou o seu máis enérxico rexeitamento a que na orde de asesores da consellaría se abra a porta a entrada de profesorado de fóra da nosa comunidade e nin sequera se lle esixa o coñecemento da nosa lingua. A CIG-Ensino reclamou que os baremos empregados para a selección destas direccións e asesorías sexa único, pois non se entende cal pode ser a explicación para que as prazas de asesores da Consellaría, precisamente, teñan un baremo diferente das dos asesores de formación, senón é porque todo indica que a norma estea pensada para favorecer persoas en concreto.
Mesa sectorial 1
25/5/2012 Tivo lugar o xoves 31 de Maio de 2012 no EGAP
Accede aquí a toda a información da mesa sectorial.
 
27/4/2012 A Consellaría reafírmase nos recortes propostos polo goberno central

Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
EGAP Concentracion
26/4/2012 A CIG-Ensino pide a dimisión do Conselleiro por pregarse aos mandatos de Madrid e non defender os intereses do Ensino galego
Na reunión da Mesa Sectorial Docente Non Universitaria celebrada hoxe en Santiago a CIG-Ensino esixiulle á Consellería de Educación que exerza as competencias que lle corresponde e en consecuencia que non aplique en Galiza o Real Decreto 14/2012. A CIG-Ensino intentou sacarlle ao conselleiro, Jesús Vázquez, o compromiso de non executar máis recortes e trasladoulle que por dignidade e responsabilidade non lle queda máis remedio que recorrer o Real Decreto por vulnerar as competencias en materia educativa da Xunta de Galiza.
 
24/4/2012 O Xoves 26 de abril ás 18.00 horas na Escola Galega da Administración Pública
Na orde do día figura o Real Decreto 14/2012 de medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo aprobado no Consello de Ministros do venres 20 de abril e publicado no BOE este sábado 21 de abril
20120131 Mesa Sectorial
8/3/2012 A Consellaría de Educación liquida a licenzas por estudos converténdoas en licenzas para elaboración de materias TIC e formación en inglés
A CIG-Ensino reclama na Mesa Sectorial o ingreso inmediato dos orzamentos dos gastos de funcionamento aos centros educativos. NESTA NOVA PODER LER OS BORRADORES, AS PROPOSTAS DA CIG ENSINO NA MESA SECTORIAL E AS RESPOSTAS DA ADMINISTRACIÓN.
Mesa sectorial 1
27/2/2012 Xoves 8 de marzo ás 10 da mañá na EGAP
A mesa sectorial prevista para o xoves 1 de marzo foi aprazada, probabelmente para o xoves 8 de marzo. En dita mesa trataranse as licenzas por formación e borradores de currículos de Formación Profesional. Como sempre esperamos as voas achegas.
20120131 Mesa Sectorial
1/2/2012 Vacantes, saúde laboral, axudas equipos de normalización...
Podedes ler nesta nova os varios da da mesa sectorial, os agrupamos, para unha mellor lectura en contestados e non contestados.
20120131 Mesa Sectorial
31/1/2012 Despois de máis dun ano da celebración das eleccións constituíuse a nova mesa sectorial, con quince membros na parte sindical
Despois de máis dun ano da celebración das eleccións constituíuse a nova mesa sectorial, con quince membros na parte sindical. Deses 15 membros, á CIG-Ensino, organización sindical maioritaria co 43% da representación, correspóndenlle 7. Os 8 restantes distribúense entre UGT, 3, CCOO, 3 e ANPE 2.
Mesa sectorial 1
20/1/2012 O director xeral mostra, outra vez, o seu odio ao galego e a súa atitude ditatorial
Mira Lema fai gala dunha actitude prepotente. Atrévese a negar o uso da palabra, como así aconteceu na mesa sectorial de 19 de xaneiro, na que impediu que a CIG-Ensino presentase como cuestión previa a forma en que se están a convocar as mesas sectoriais. A Mira Lema moléstalle especialmente a presenza da CIG-Ensino, mostrando a súa animadversión constante que se demostra mesmo na súa reticencia a nomeala.
Mesa sectorial 1
16/1/2012 Programa PIALE, reintegros de gastos por asistencia a actividades formativas, proxectos de currículo ciclos FP
logo mesa sectorial
11/12/2011 Inclúense 11 novos para o seu tratamento en futuras mesas sectoriais
Currículos de Formación Profesional para a súa negociación en futuras mesas sectoriais.
logo mesa sectorial
24/10/2011 Mesa celebrada o luns 24 de outubro de 2011
Nesta nova podes atopar as informacións e os documentos da mesa sectorial sobre o Concurso Xeral de Traslados, Concurso de Orientación e Orde de dirección dos centros residenciais docentes.
logo mesa sectorial
19/10/2011 O luns, 24 de outubro, ás 18.00 horas
Nesta nova podes atopar os documentos dunha futura mesa sectorial sobre o Concurso Xeral de Traslados, Concurso de Orientación e Orde de dirección dos centros residenciais docentes.