consorcio
 
13/3/2013 Tal e como lle esixiu a CIG nun escrito presentado en febreiro
O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar vén de comunicarlle á CIG que trasladará ao seu comité directivo que se celebra este mércores 13 de marzo a aplicación da normativa de listaxes de agarda da Xunta de Galiza no que se refire ao tempo de permanencia no final das listaxes despois de ter traballado por un período igual ou superior a un ano. Con esta decisión o Consorcio atende a solicitude presentada no mes de febreiro á Xerencia pola CIG.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
galescolas
 
7/2/2013 Reunión realizada, a petición da CIG, o 30 de xaneiro
Tratáronse os seguintes temas: listas de agarda, administración de medicamentos, uniformidade/roupa de traballo, revisións médicas, mobilidade no persoal, petición da retirada da circular de comedores das escolas e vacacións do persoal.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
consorcio
21/12/2012 Suma a maioría acadada á que xa tiña no resto das provincias
O persoal do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar de Lugo avalou hoxe o traballo sindical desenvolto pola CIG nestes últimos catro anos. Segundo os dados provisionais a CIG acadou 5 delegados dun total de 9.
20120329 Folga Xeral Vigo
13/11/2012 Animan a sumarse tamén nas mobilizacións convocadas
Os comités de empresa do Consorcio asinaron unha resolución onde amosan expresamente o seu apoio á convocatoria de folga xeral para o 14 de novembro e onde animan á participación tanto na antedita xornada como nas mobilizacións convocadas.
Escola infantil Galiña Azul
2/8/2012 A CIG-Ensino denuncia que se destrúen un total de 49 postos de traballo
A CIG-Ensino denuncia que o PP continúa cos recortes nos servizos públicos, suprimindo agora 49 prazas nas escolas de educación infantil -rebautizadas como Galiña Azul-. O Consorcio Galego de Igualdade e Benestar vén de modificar os cadros de persoal destes centros suprimindo 6 prazas de mestres e mestras, 13 de educadoras e 7 de persoal PSX. Xunto a isto, amortízanse 8 de mestres/as, 14 de educadores/as e 1 PSX.
Rajoy con tesoiras.
 
19/7/2012 Dentro dun paquete de agresións ao conxunto da clase traballadora, o PP carga contra os empregados públicos.
O Partido Popular insiste nas agresións aos empregados públicos. Agora, anulando a paga extra de Nadal e eliminando dereitos económicos durante as baixas médicas. Para o persoal do Consorcio o PP só ten recortes, nunca recoñecemento de dereitos.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
consorcio
 
18/7/2012 Supresións de prazas e peches das escolas da Bola e Muíños
Nesta reunión a CIG Ensino volveu deixar clara a súa postura contra os traslados obrigatorios e aos peches de escolas salvo en casos excepcionais nos que non existira matrícula
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
consorcio
 
4/7/2012 A CIG oporase a calquera medida que supoña perda de postos de traballo
Segundo nos informou o xerente do Consorcio vai contactar coas posíbeis traballadoras e traballadores que segundo o Consorcio poderían estar afectadas por supresións ou peches dalgunha escola. Estes contactos, que está realizando a Xerente adxunta de escolas, so teñen carácter informativo xa que a CIG esixiulle que antes de calquera decisión terá que reunirse connosco.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
consorcio
28/6/2012 Nas eleccións elexíronse un total de 47 delegados/as dos que a CIG acadou 26 (55,3%)
O persoal do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar avalou hoxe o traballo sindical desenvolto pola CIG nestes últimos catro anos. Segundo os dados provisionais a CIG acadou 26 delegados/as dun total de 47. A CIG valora moi positivamente os resultados obtidos e considera que supoñen un respaldo ao traballo desenvolto neste catro anos, dirixido fundamentalmente á defensa da consolidación dos postos de traballo, a evitar a privatización dos centros que dependen do Consorcio e a integrar aos/as traballadores/as no V Convenio de Laborais da Xunta de Galiza.
 
26/6/2012 A CIG denuncia que non se cubran ate setembro e se deixe o servizo en condicións deficitarias
A CIG-Ensino quere denunciar a decisión da Xerencia do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar que se nega a cubrir ata setembro dúas prazas vacantes nas Galescolas (Escolas Infantís) de Boiro e Cedeira.
Compromiso, forza e dignidade. Vota CIG.
15/6/2012 Eleccións Sindicais no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
A CIG preséntase a estas eleccións sindicais, facendo un balance positivodo traballo sindical realizado ao longo destes catro anos.
consorcio
 
1/6/2012 A negociación das bases vai ser conxunta para servizos centrais, galescolas e centros de día
O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar prevé que no mes de xullo se acorden os temarios e posteriormente (setembro) se negocien as bases.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
 
29/5/2012 Celebrarase o venres 1 de xuño
Na mañá do martes 29 de maio o Consorcio convocounos a unha reunión da mesa de negociación sobre as Bases dos procesos selectivos correspondentes á oferta complementaria de emprego público de persoal laboral fixo do Consorcio para o ano 2008 a celebrar o venres 1 de xuño ás 10 horas.
comedor cesuras
25/4/2012 A Xerencia tamén decidiu suspender a aplicación do plus de nocturnidade e festividade
A Xerencia do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar ven de retirarlle aos educadores e educadoras, mestres e ao persoal de servizos xerais que desenvolven o seu traballo na rede de Galescolas o dereito a usar o servizo de comedor nos propios centros desde o 1 de maio. Este recorte vense sumar ás xa de por si baixas retribucións deste persoal que cobra un terzo menos que traballadores e traballadoras da Xunta que desempeñan as mesmas funcións.
consorcio
 
12/4/2012 Informacións da reunión da CIG co Xerente do Consorcio
Malia afi rmar que se lles aplicará o V Convenio Laboral do persoal laboral da Xunta de Galiza a todas as traballadoras e traballadores do Consorcio, fi xas/os ou non, non está disposto a concretar nin cando nin como. Trátase, exclusivamente, dunha declaración de intencións, xa que nin sequera negocia coa Xunta para conseguir uns orzamentos que teñan en previsión a aplicación do dito convenio.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
consorcio
 
22/3/2012 A CIG manterá informadas a todas as traballadoras e traballadores do proceso de negociación unha vez este volva á legalidade vixente
O xerente pretende de maneira fraudulenta darlle representación a quen non a ten e a quen nin sequera se presentou ás eleccións sindicais.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
20120226 Cabeza da Manifestación Nacional Consorcio
17/3/2012 As presidentas dos Comités de Empresa do Consorcio Solicitan entrevista coa Conselleira
Despois de desconvocar a reunión prevista coa CIG Ensino, agora o xerente, sorprende coa convocatoria da mesa de negociación do Consorcio de cara a tratar as bases do proceso selectivo da oferta complementaria de 2008. Por outro lado desde os comités de empresa do Consorcio solicitamos unha entrevista coa Conselleira de Traballo e Benestar
 
17/3/2012 Queremos saber a opinión da Conselleira de Traballo e Benestar
De cara a coñecer a situación da aplicación do V Convenio e o proceso de integración na axencia galega de servizos sociais así como saber como se vai garantir o carácter público do Consorcio e estabilidade das traballadoras e traballadores.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
consorcio
 
17/3/2012 Para negociar as bases da convocatoria de Oposicións
Despois de desconvocar a reunión prevista coa CIG Ensino, agora o xerente, sorprende coa convocatoria da mesa de negociación do Consorcio de cara a tratar as bases do proceso selectivo da oferta complementaria de 2008.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
2012 Peche Centro de Día Monforte 2
6/3/2012 Desde a CIG, baixo ningún concepto imos aceptar que se nos impida a realización do noso traballo sindical na defensa das traballadoras e os traballadores
A CIG denuncia que o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar reprime e ameaza para impedir as mobilizacións nos centros de traballo do Consorcio, co obxecto de impedir que as traballadoras e os traballadores fagan visíbel ao conxunto da sociedade as súas reivindicacións. Desde a CIG, baixo ningún concepto imos aceptar que se nos impida a realización do noso traballo sindical na defensa das traballadoras e os traballadores, moito máis cando se trata dun colectivo que é o que está nas peores condicións laborais dentro da Administración.
20111123 Peche Consorcio
5/3/2012 Continuarán o día o día 6 na Coruña, o 7 en Ourense, o 8 en Vigo e o 9 en Pontevedra e Ferrol
Hoxe, a partir das 18:30 horas, levaranse a cabo peches na galescola do polígono do Tambre (Santiago), na Escola Infantil de Burela (Rúa dos Torques, Burela) e no centro de día de Monforte (Rúa Ricardo Quiroga).
20111123 Peche Consorcio
2/3/2012 En contra da privatización, en defensa do posto de traballo e pola aplicación do V Convenio do persoal laboral da Xunta de Galiza
Na vindeira semana, do 5 ao 9 de marzo, a CIG e traballadoras/es do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, teñen previsto levar a cabo diferentes accións reivindicativas en centros dependentes do Consorcio (galescolas, centros de día...). Iniciaranse o día 5 en Santiago e Lugo para continuar o día 6 na Coruña, 7 en Ourense, 8 en Vigo e 9 en Pontevedra e Ferrol.
20120226 Cabeza da Manifestación Nacional Consorcio
 
28/2/2012 Información sobre a Manifestación e posterior Asemblea de traballadoras e traballadores do Consorcio do 25 de febreiro
Reclamaron a aplicación do convenio único do persoal laboral da Xunta de Galiza e a consolidación dos postos de traballo para o persoal do Consorcio, así como a non privatización do Conxorcio.
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
20120226 Cabeza da Manifestación Nacional Consorcio
26/2/2012 Reclamaron a aplicación do convenio único do persoal laboral da Xunta de Galiza e a consolidación dos postos de traballo para o persoal do Consorcio
Máis de 700 persoas manifestábanse esta mañá en Compostela para denunciar a privatización dos servizos públicos e o desmantelamento do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Con esta mobilización manifestouse ademais o rexeitamento á privatización das escolas infantís e centros de día e demandouse a aplicación do Convenio Único e a consolidación dos postos de traballo.
20120222 Concentración Consorcio
22/2/2012 Concentráronse en contra da privatización das escolas infantís (Galiñas Azuís) e centros de día, en demanda da aplicación do Convenio e en defensa da consolidación dos postos de traballo
A concentración forma parte dunha serie de mobilizacións que terán a súa continuidade o próximo sábado 25 de abril cunha manifestación nacional en Compostela. A CIG agarda que antes desta mobilización o Xerente do Consorcio reciba ás representantes das traballadoras e traballadores para dar resposta á situación de inseguridade na que se atopan.
20120125 Concentración Non Privatización Consorcio
17/2/2012 CONVENIO XA!!! Na defensa da estabilidade do posto de traballo, pola aplicación do V Convenio e contra a privatización do Consorcio
Nesta nova podes ver as imaxes das concentracións do venres 17 de febreiro. CONVENIO XA!!! Na defensa da estabilidade do posto de traballo, pola aplicación do V Convenio e contra a privatización do Consorcio
20111123 Concentración Galescola Rianxo
17/2/2012 As medidas foron anunciadas en rolda de prensa por Laura Estévez (presidenta comité de empresa do Consorcio), Anxo Louzao (Secretario Nacional da CIG Ensino) e María Carme López Santamariña (Secretaria Nacional da CIG Administración).
A CIG presentou hoxe, en rolda de prensa, as mobilizacións acordadas na asemblea de traballadoras/es do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (centros de día, escolas infantís “Galiñas Azuis”, oficinas I+B e centros Quérote), en contra da privatización destas escolas infantís e centros de día, en demanda da aplicación do Convenio Único e en defensa da consolidación dos postos de traballo.
Galescola con reixa
 
16/2/2012 CONVENIO XA!!! Na defensa da estabilidade do posto de traballo, pola aplicación do V Convenio e contra a privatización do Consorcio
CONVENIO XA!!! Na defensa da estabilidade do posto de traballo, pola aplicación do V Convenio e contra a privatización do Consorcio
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
20120125 Concentración Non Privatización Consorcio
 
13/2/2012 Sábado 25 de febreiro ás 11:00 horas. Saída da Praza do Toural (Compostela)
CONVENIO XA!!!. Non á privatización do Consorcio. Consolidación dos Postos de traballo. Sábado 25 de febreiro ás 11:00 horas. Saída da Praza do Toural (Compostela).
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador
Galescola con reixa
 
10/2/2012 Sábado 11 ás 11:30 no IES de Fontiñas (FP). Rúa Estocolmo.
Dada a gravidade das cuestións a informar e tratar é moi importante a vosa asistencia. A Asemblea celebrarase no IES de Fontiñas (FP), sito na rúa Estocolmo de Compostela (Zona de Fontiñas - Área Central).
Nota: Este documento está en formato pdf. Para podelo visualizar precisas o lector Acrobat instalado no teu ordenador